O Rabicho



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Rande
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Rabicho é un derivado de rabo e tamén se adoita empregar na toponimia para designar propiedades longas e estreitas. O Rabicho do barrio de Aldea cumpre con esas características orográficas, mais O Rabicho de Rande non. Este último alberga a Praia do Rabicho.