Rabela



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Rabela é un topónimo que fai referencia á reducida dimensión das parcelas de labranza, polo común aplicado a propiedades estreitas e alongadas. Rabo aparece nos dicionarios cos significados de "apéndice caudal dun animal", "mango" e "por extensión, calquera cousa alongada situada nun extremo doutra". O seu derivado rabela é o nome da "parte posterior alongada do arado, onde apoia a man o labrador". En sentido figurado, rabo ou rabela aplícanse na toponimia a propiedades longas e estreitas. Na parroquia de Cedeira atópase Rabela no barrio de Fortóns en referencia a unha propiedade desas características.