A Rabadeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Fortóns
DA PARROQUIA DE
Cedeira
Rodríguez González (2019: 30) sinala que o topónimo A Rabadeira foi considerado unha variante de Rabaceira. Neste caso, sería un fitónimo derivado do latín RAPACIA que designa un prado ou terreo onde abundan as rabazas. Porén, este autor inclínase pola idea de que Rabadeira sexa unha contracción de Rabo + da + Eira > RabodEira > Rabadeira. Neste caso o microtopónimo aludiría a unha forma estreira que presentan moitos terreos que se asemellan á cola dun animal. No Catastro de Ensenada (1750-1754) aparece este topónimo como "Ravadeyra".