O Pericoto



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Estamos ante un talasónimo; isto é: un topónimo vencellado á costa marítima. Neste caso, temos por unha banda o prefixo PERI- (con valor ponderativo) e a forma COTO (véxase a entrada correspondente). En consecuencia, o talasónimo refírenos a un lugar da costa con suficiente elevación para que destaque con respecto aos outros.