Outide



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Portela
DA PARROQUIA DE
Cedeira

Trátase dun topónimo con sentido colectivo en referencia a outos. Deriva do adxectivo latino ALTUM ao que se lle engade o sufixo -ETA>-IDA. Posteriormente este -IDA alterou en -IDE (como sucede con Peneda/Penide) para dar o citado Outide, situado nun punto alto xa de cara á entrada de Redondela. En definitiva, refírese a un lugar onde abundan os outeiros. En todo caso, distínguense Outide de Arriba e Outide de Abaixo.