As Xinelas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Xinela pode ser unha variante do substantivo xanela, que vén do latín JANUELLAM "pequena fiestra", derivado con sufixo diminutivo do substantivo JANUA "porta de entrada". O topónimo pode ser motivado por ser un sitio con boas vistas. No Catastro de Ensenada aparece mecionado o "sitio da Xinela", mais no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece como "sitio da Jinela" ou "da Xinela".