Trigueira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
O trigo, do latín TRITICUM, é un nome que ten moita presenza na toponimia, sobre todo a partir do derivado colectivo trigueira, co sufixo -ARIA latino. Estes topónimos refírense a terras destinadas ao cultivo do trigo, pero non se poden descartar outras motivacións. A Trigueira do barrio de Padrón fai referencia a unha entidade humana. No Catastro de Ensenada (1750-54) xa aparece mencionado o "sitio da Trigueira". Tamén no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760.