Os Píos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
O nome Os Píos (no barrio de Souto) podería ter relación cun nome persoal Pío (do latín PIUM "piadoso"), popularizado por ser o nome de varios pontífices de Roma, mais tamén é probable que faga referencia á presenza no lugar dun pilón ou pío (< latín PILUM) para conter auga. Aínda que tamén é probable que faga referencia a un pío da industria artesanal da pel, pois píos eran os lugares onde se empozaban as peles, con casca de piñeiro (pío de casca) ou con cal (pío de cal) para eliminar delas os residuos orgánicos e proceder ao seu curtido.