Carreira dos Bolos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

É un topónimo composto formado polos substantivos carreira e bolo. En canto ao primeiro substantivo, carreira relaciónase con CARRUS "carro", porque era unha (VIA) CARRARIA. Antigamente xogábase aos bolos nesa zona do barrio de Os Valos, tamén coñecido como birlos. O xogo dos bolos é parte do pobo galego, pois ten presenza en toda Galicia e antigamente era unha das poucas actividades de ocio que podían practicar, sobre todo nas zonas rurais. O lugar de Carreira dos Bolos tamén é coñecido como Pino Manso por haber dous piñeiros mansos grandes na zona.