Os Ballotes



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Ballote é un topónimo difícil para o cal non hai unha explicación segura. Podería referirse a unha pequena propiedade agrícola dunha persoa apelidada ou alcumada (O) Ballote, nome que se lle puido aplicar a alguén que por estar especialmente gordo e fose comparado cun ballote, un bolo de fariña de millo tamén chamado bolo do pote por cocerse no caldo. A este respecto, hai unhas casas de turismo rural situadas a carón da vila coruñesa de Rianxo denominadas dos Ballotes, alcume da familia que as rexenta, que tamén podería referirse á palabra ballote co significado de "hombre pobre, de poco haber [...], de mal gobierno", dado por Juan Sobreira Salgado e recollido no Dicionario de dicionarios. No barrio de Os Valos atópase Os Ballotes. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece mencionado o "sitio do Ballote".