Perricón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Estamos ante un topónimo composto que designa a propiedade dunha persoa. Por un lado temos a forma Pero, como variante do nome persoal Pedro; e pola outra, temos o apelido Ricón, de forte presenza en Redondela. En definitiva, o topónimo infórmanos de que este terreo pertencía a un tal Pero Ricón.