O Rabo do Mulo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
É un microtopónimo composto polos substantivos rabo e mulo. Rabo aparece nos dicionarios cos significados de "apéndice caudal dun animal", "mango" e "por extensión, calquera cousa alongada situada nun extremo doutra". En sentido figurado, rabo aplícase na toponimia a propiedades longas e estreitas. Neste topónimo rabo vai acompañado do animal mulo, que é o resultado dun cruce entre un burro e unha egua. Na agricultura era utilizado como besta de carga. O Rabo do Mulo fai referencia a un terreo situado no barrio de Padrón. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece "Rabo de Mulo".