Os San Mateus
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Os San Mateus nomean tres fincas do barrio de Casal do Monte. Mateu vén do nome hebreo Matithyah "don de Iavé" (que tamén dá orixe a Matías), abreviado en Mathathah, que se adaptou ao grego coa forma Matthaîos e ao latín evanxélico como Matthaeus. Este nome aparece xa no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 como se pode ver na imaxe onde pon "S(an) Matheu". Segundo a Guía de nomes galegos, de Boullón Agrelo, San Mateu foi un dos doce apóstolos de Cristo e un dos catro evanxelistas. Era recadador de impostos para os romanos e chamábase Leví. Xesús chámao, múdalle o nome e faino tesoureiro do grupo apostólico. Foi o autor do primeiro dos Evanxeos, escrito en arameo.