O Peirao



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O substantivo peirao provén do latín PETRATO e é un derivado de pedra. Un peirao é o muro dunha presa feita nun río para reter a auga e desviala cara a un muíño ou cara aos campos que se regaban con ela. O Peirao do barrio de Os Valos fai referencia a un peirao que había para regar os campos.