O Pazo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Pazo vén do latín PALATIU, que orixinalmente era o nome que se lle daba ás vivendas que había no Monte Palatino de Roma. Como moitas delas pertencían a cidadáns poderosos acabouse asociando ao seu significado a idea de vivenda luxosa e grande. En galego, pazo designa unha casa grande, polo que a presenza deste topónimo pode aludir a unha construción de certa relevancia no lugar, non necesariamente nobre. No caso de O Pazo do barrio de Os Valos, documéntase que na parroquia de Saxamonde existiu o Pazo de San Román, de familia nobre, do que hoxe só se conservan algúns restos e a capela, que actualmente é a Igrexa de San Román de Saxamonde. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece o "sitio do Pazo".