Os Trugallos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Martín Sarmiento, no século XVIII, recolle a forma torgallo referida a unha "costrán gruesa y mayor que se suele hacer de una rama grande y sirve para atar las pipas en los carros". Este palabra procede, á súa vez, de torgo "raíz das uces". O topónimo experimentou posteriormente unha pechazón da vogal -o- en -u- e, por outra banda, unha metátese do -r- que daría como resultado Os Trugallos.