Os Toxales



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Toxal é unha palabra con valor colectivo derivada de toxo mediante sufixo -al (no latín -ALE). O toxo é un arbusto de grande importancia en todo o territorio galego que se empregaba como cama para o gando e, mesturado con excrementos, era utilizado como abono de primeira calidade. Ademais de ser empregado como combustible ou como alimento para animais. A forma toxo é unha voz propia de Galicia e zonas limítrofes, pois en castelán é coñecida co nome de aulaga ou aliaga. Os Toxales, en plural, é un nome que se rexistra no barrio de Padrón.