O Souto de Amaro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Souto vén do latín SALTU, que tiña en orixe un significado oronímico de "desfiladeiro, quebrada" e outro fitonímico "pastizais con bosque". O nome indica que habería no momento do nacemento dos topónimos un souto de castiñeiros ou de castiñeiros e carballos mesturados. A castaña tivo moita importancia como alimento en Galicia, antes da chegada da pataca americana de alén mar, e fixo que fose chamado nun principio castaña da terra ou castaña mariña. O topónimo Souto, O Souto e derivados é moi numeroso na nosa terra, tamén como parte dun composto. Na parroquia de Saxamonde temos o barrio O Souto, que tamén alberga o topónimo O Souto Novo. No barrio de Padrón rexístrase O Souto de Amaro. No Catastro de Ensenada (1750-54) aparece mencionado o "sitio do Souto". Pero xa aparecía no memorial de rentas do ano 1699. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 tamén aparece "Souto Nobo".