As Sobrosas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
As Sobrosas, do barrio de Casal do Monte, semella ser un derivado de sobreira, un tipo de árbore que vén do latín SUBERARIA. Este é un derivado en -OSA que na toponimia maior non se rexistra en Galicia, senón que ten máis presenza en Portugal. Porén, no Proxecto Toponimia de Galicia, sobre toponimia menor, si que se rexistra. En feminino só aparecen As Sobrosas no concello de Ribeira, pero o masculino é moito máis abundante. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece este nome.