Os Piñeiros
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Piñeiro vén do latín PINARIU, e este de PINU, e é un topónimo que proba de maneira transparente a antiga existencia no lugar dun piñeiro senlleiro. Isto, unido a que o nome de lugar Piñeiro ou O Piñeiro (e os plurais) é moito máis frecuente en Galicia que o abundancial desta árbore Piñeiral ou O Piñeiral leva a pensar que en Galicia non eran abundantes os bosques de piñeiros, ao contrario que os de carballos, senón que estas árbores se atopaban solitarias, illadas e eran exemplares únicos que moitas veces servían como referencia na delimitación de territorios. Na parroquia de Saxamonde rexístrase Os Piñeiros, un terreo do barrio de Os Valos, que no expediente de comprobación de bens de 1760 xa aparece mencionado.