O Pereiro
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
A pereira é a árbore que ten a pera de froito. Provén do latín PIRARIA, mais na toponimia pode confundirse con PETRARIA, derivado de PETRA. Polo tanto pode facer referencia a un lugar abundante en pedra ou a unha plantación de pereiras, aínda que probablemente estea relacionado coa árbore. Na parroquia de Saxamonde rexístrase As Pereiras no barrio de Os Valos e O Pereiro no barrio de Padrón. No memorial de rentas do ano 1699 aparece mencionado o "campo das Pereiras" na parroquia de Saxamonde, o nome que puido levar a As Pereiras. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece "Pereyro".