O Liñariño



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O nome Os Liñares do barrio de Padrón é o plural de liñar, que vén do substantivo liño, LINU en latín, e fórmase a través do sufixo -ALE. Deste xeito, alude a un terreo destinado ao cultivo de liño. Por outra banda, O Liñariño do barrio de Casal do Monte é un diminutivo de liñar.