Horta das Canas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Unha horta fai referencia a un terreo cerca da casa no que se cultivan legumes, verduras e hortalizas e, nalgúns casos, árbores froiteiras. O masculino horto procede do latín HORTU "xardín", e o feminino horta (do latín HORTA) constitúe un aumentativo-colectivo, que é común aos romances hispánicos e á lingua de occidente. A forma en feminino é moito máis común na toponimia que o masculino horto. Así pois, no barrio de Os Valos rexístrase Horta das Canas e O Horto Cancelo, mentres que no barrio de Padrón se atopa A Horta e As Hortas.