O Castañal



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Castañal é un substantivo derivado do nome castaña que ten orixe no latín CASTANEA e que, mediante o sufixo abundancial -al (do latín -ALE), forma castañal para designar un lugar poboado de castiñeiros, tamén coñecido como souto. Dentro da parroquia de Saxamonde rexístrase O Castañal nos barrios de Padrón e Souto. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece o "sitio das Castiñeiras".