Cardales



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O topónimo menor Cardales é unha forma castelanizada do que debería ser en galego Cardais. Este nome en plural só aparece rexistrado en Portugal, mais a súa forma en singular, Cardal, rexístrase catro veces no Nomenclátor de Galicia. Un cardal é un sitio no que nacen cardos (do latín CARDU). No expediente de comprobación de bens desta parroquia de 1760 xa aparece escrito como "heredad do Cardal".