Os Sorregos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

É un topónimo do barrio de Casal do Monte que indica posición. A preposición so- vén do latín SUB que significa por debaixo e tamén se presenta na toponimia baixo a forma su-, como ocorre en Portelo do Supazo, nome tamén da parroquia de Saxamonde. Rego é un substantivo que provén do celta *reku "gabia" e que seguramente conflúa cos derivados do verbo latino rigare "regar". Polo tanto, Os Sorregos debería ser un terreo situado por debaixo dun rego.