O Regueiral



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Rego é un substantivo que provén do celta *reku "gabia" e que seguramente conflúa cos derivados do verbo latino RIGARE "regar" e refírese a un pequeno curso de auga ou á canle que distribúe a auga polos prados. Na toponimia de Saxamonde rexístrase Rego da Brea, que é unha levada que vai ao Muíño do Coxo. Tamén son derivados de rego os substantivos regato e regueiro. O Regueiral é regato que divide as parroquias de Saxamonde e Quintela. Regueiral é un nome formado a partir de regueiro, mentres que regato sería un diminutivo de rego. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece "Rigeyral".