Regato das Matutas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Rego é un substantivo que provén do celta *reku "gabia" e que seguramente conflúa cos derivados do verbo latino RIGARE "regar" e refírese a un pequeno curso de auga ou á canle que distribúe a auga polos prados. Na toponimia de Saxamonde rexístrase Rego da Brea, que é unha levada que vai ao Muíño do Coxo. Tamén son derivados de rego os substantivos regato e regueiro, como é o caso do Regato das Matutas.