Poza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Unha poza é un pequeno depósito de auga que se forma nas fochas do terreo cando chove. Tamén é unha especie de encoro pequeno e pouco fondo. Igual que o masculino pozo (do latín PUTEU), o feminino poza aplícase a calquera depresión, natural ou creada polo home, que se enche de auga por efecto das chuvias ou dalgún manancial. Na parroquia de Saxamonde rexístranse varias construcións. No barrio de Os Valos están Poza, Poza da Coutadiña e Poza das Besadas. No barrio de Souto atópase a Poza dos Cardais. Curiosamente, rexístrase a forma en galego para a poza (Cardais) e en castelán para as terras que se atopan ao carón (véxase a entrada Cardales).