Lavadoiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Lavadoiro (do latín LAVATORIUM) designa a "pedra plana ou táboa colocada á beira dun río, dunha pía etc., sobre a que se lava a roupa"(dicionario da Real Academia Galega). O sufixo -oiro (< latín -ORIU) emprégase, unido a un verbo (neste caso lavar), para nomear aqueles lugares nos que se realiza a acción descrita polo verbo (así, parladoiro, rapadoiro...). No barrio de Os Valos atópase o Lavadoiro da Pedreira e Lavadeiros da Preguiza.