Fonte
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
O substantivo común fonte é moi frecuente na toponimia e procede do latín FONTEM. No Nomenclátor de Galicia son cerca de cincocentas as localidades que conteñen no seu nome este substantivo ou un derivado, e na toponimia menor é igualmente moi abundante. Na parroquia de Saxamonde rexístranse numerosas fontes que fan referencia a construcións. No barrio de Casal do Monte atópase A Fonte da Abeleira, Fonte de Vilanova, Fonte do Preto e Fonte do Trogallo. No barrio de Os Valos rexístranse A Fonte da Pedreira, Fonte da Preguiza, Fonte de San Román, Fonte do Lugués e Fonte do Pazo. A Fonte da Preguiza leva ese nome por unha señora que vivía neste lugar. A Fonte de San Román está dedicada a este santo e atribúenselle propiedades curativas. Ten unha imaxe do santo nunha fornela. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde do ano 1760 aparece a "Fonte de San Román":