A Quiringosta de Marín
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Tráatase dunha forma vacilante do termo xeral congostra "corredoira fonda entre ribadas altas". A partir da metátese do -r- fórmase o termo crongosta, que posteriormente se transforma en quiringosta. A transformación do -g- tras nasal en -c- é moi común nas zonas da gheada e leva á aparición de quirincosta. Estes termos están relacionados co adxectivo latino ANGUSTUS "estreito, angosto" e designan camiños fondos e estreitos. A forma vacilante de congostra máis empregada en toponimia é A Quiringosta. Tamén hai outros resultados como quirincosta ou corincosta. Na parroquia de Saxamonde rexístrase A Quiringosta de Marín, no barrio de Os Valos. Marín é o xenitivo do nome persoal latino MARINIUS. O Nomenclátor de Galicia recolle dous lugares: A Quiringosta en Vigo e na Cañiza, un Quiringostas en Tui.