Portelo do Supazo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
É un topónimo composto do barrio de Casal do Monte formado por dous substantivos. Primeiro, portelo, que é un diminutivo de porto. No dicionario de Eladio Rodríguez defínese como "pequeña abertura hecha en un valado por el cual sólo pueden pasar las personas y uno a uno los animales", pero tamén pode referirse a unha entrada máis ampla, que permite o paso de carros. O segundo elemento Supazo, indícanos que o Portelo se atopa por debaixo do Pazo, pois a preposición su- vén do latín SUB que significa por debaixo e tamén se presenta na toponimia baixo a forma so- como en Socampo (debaixo do campo).