As Porteliñas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Portela é un diminutivo de PORTUS/A co sufixo -ELLA co significado de "paso estreito, porta pequena nun valado". Neste caso, no barrio de Os Valos rexístrase As Porteliñas o que constitúe outro diminutivo de portela, pero xa non do latín senón do galego medio mediante o sufixo -iña, que indica que o topónimo é máis recente que os que manteñen a forma Portela. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece como "Porteliña". No Nomenclátor de Galicia recóllense 22 lugares A Porteliña, dos que 21 se atopan na parte suroccidental da provincia de Pontevedra o que indica que é un nome común nesta zona do territorio galego.