Os Pasos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O topónimo Os Pasos, nas zonas con seseo como é Redondela, pode confundirse con Os Pazos. Porén, é mellor mantelo como paso, pois senón estaríase alterando a forma do topónimo no caso de que a forma correcta fose paso.Vén do latín PASSUS e indica un lugar por onde un camiño supera un obstáculo, pode ser máis ou menos fácil de acceder. Os Pasos do barrio de Os Valos fai referencia a un paso polo Río Louro cara a O Valado. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece o "sitio do Paso".