O Paso do Marta



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O Paso do Marta, no barrio de Os Valos, fai referencia a un paso do tren situado nunhas parcelas pertencentes ao avó dunha persoa apelidada Marta. Este apelido presenta hoxe en día 367 ocorrencias en toda Galicia, case todas concentradas entre a área da Coruña e Ferrol. En toda a provincia de Pontevedra non se rexistra ningún caso agás en Vigo, con 11 portadores.