As Breas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O microtopónimo Brea ou Breas é o resultado galego do latín VEREDA "camiño ancho, que permite o paso de carruaxes". Eses nomes, xunto coa variante verea, son moi comúns na toponimia galega. Na parroquia de Saxamonde, no barrio de Souto, atópanse As Breas de Arriba e As Breas de Abaixo. Polo medio destes dous terreos pasa o Rego da Brea. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparecen "Verea de Arriba" e "Verea de Avaixo" e mesmo "Berea".