Os Valongos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Os Valongos fai referencia ao latín porque VALLIS LONGUS que daría no galego "val longo", e de aí Valongo. Tamén é frecuente atopar este topónimo con -b- que sería unha grafía non etimolóxica, acontece moito en diversos topónimos como como Valado/Balado, Valvoa/Balboa etc. O Nomenclátor de Galicia só rexistra o lugar Valonga no concello de Pol e dúas parroquias Valongo, unha no concello de Cotobade e outra en Cortegada. Os Valongos na parroquia de Saxamonde fai referencia a uns terreos que se atopan no barrio de Os Valos. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece este nome como "Balongo". Cómpre salientar que na oralidade é dito como "Os Valoncos", como resultado dunha evolución do enxordecemento do fonema /g/ que dá como resultado o fonema /k/, expresado en letra como c.