As Serras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Serra, do latín SERRA, aparece definido no dicionario da Real Academia Galega como "sucesión de montañas que pola súa forma recorda unha serra". Porén, tamén pode tratarse dun topónimo de recente creación e facer referencia a unha instalación industrial que puido existir no lugar. Os topónimos formados a través do substantivo serra atópanse todos no barrio de Padrón. Así, rexístranse Serra de Acá, Serra de Alá, As Serras e As Serriñas. Estes dous últimos aparece documentados en 1760, no expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde.