Os Seixedos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O topónimo seixedo semella un derivado de seixo, resultado do substantivo latino SAXU "pedra". Coma os diferentes resultados do latín SAXU e os seus derivados, comúns na toponimia de todos os territorios romances, seixo e a súa familia léxica teñen moita presenza na toponimia galega. O nomenclátor de Galicia recolle máis dun centenar de entidades de poboación que teñen no seu nome estas formas. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa aparece como Seixedo. No Nomeclátor de Galicia dáse conta de dous lugares da toponimia maior: O Seixedo no concello de Arteixo e Os Seixedos no concello de Covelo.