As Searas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Seara é unha voz que para Corominas procede da palabra prerromana, probablemente céltica *SENARA "?campo que se labra á parte", composto de -AR- "arar" e SEN-, prefixo que indica separación. Na parroquia de Saxamonde rexístrase As Searas no barrio de Souto. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece "sitio da Seara". Este é un topónimo frecuente, o Nomenclátor de Galicia rexistra 35 lugares co substantivo Seara só ou como parte dun composto e unha parroquia no concello de Quiroga.