Os Redollos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Segundo Navaza, redollo debe de ser unha forma emparentada co verbo redollar ou redrollar "cultivar por segunda vez no ano unha terra" ou "rebrotar ou agromar de novo as plantas". Na parroquia de Saxamonde, Os Redollos é un terreo do barrio de Souto. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 xa se menciona o "sitio do Redollo". No Nomenclátor de Galicia rexístrase o lugar O Redollo no concello da Baña.