Os Lombos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Os topónimos relacionados co substantivo lombo "costas, costado (do corpo)", procedente do latín LUMBUM, adoitan aludir á orografía do terreo nomeando elevacións alongadas ou de pendente suave. Adoita facer referencia a elevacións do terreo de superficie alongada e perfil curvilíneo. É un nome abundante na toponimia galega, pois o Nomenclátor de Galicia recolle máis de cincuenta entidades de poboación que conteñen no seu nome os substantivos lombo, lomba e os seus derivados e compostos. Na parrorquia de Saxamonde atópase Os Lombos, concretamente no barrio de Souto. Nun documento de 1760 sobre os bens e rentas da parroquia de Saxamonde xa aparece mencionado.