As Lameiras
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
Lameira é unha voz derivada de lama, un substantivo de orixe prerromana moi presente na toponimia de Galicia. Nalgunhas áreas galegas lama e o seu derivado pasaron a adquirir un significado equivalente ao de prado, pero polo xeral fai referencia a terreos húmidos. As Lameiras situado no barrio de Casal do Monte, co sufixo correspondente ao latín -ARIA. Ao carón tamén pasa o Camiño das Lameiras. No Catastro de Ensenada (1750-54) aparece unha mención ao "sitio de Lamas".