A Curtiña
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde
O substantivo común cortiña vén do latín COHORTINA e é un derivado de corte (< do latín vulgar CORTEM), e este do latín clásico COHORTE(M) "recinto, curral". Designa en galego un pedazo de terra de labor, habitualmente cercado ou murado, próximo á vivenda. A variante curtiña, con u, é frecuente e explícase pola influencia da vogal tónica pechada i. A Curtiña é o nome dun terreo que se rexistra no barrio de Casal do Monte. Recentemente, está pasando a ser chamado O Paso por ter existido un paso do tren neste lugar. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece "Sitio da Cortiña".