As Covas



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Souto
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Cova, ademais de como substantivo co significado de "cavidade natural ou artificial no terreo", pode funcionar como un adxectivo (feminino de covo), que describe un terreo cóncavo. Procedede dun termo hispano COVA (en latín era dito CAVA) e algúns autores pensan que é un termo dialectal de Italia, mentres que outros pensan que é un celtismo. No barrio de Souto rexístrase o topónimo As Covas. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece "sitio da Coba".