A Coutada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Os Valos
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O substantivo coutada é o participio do verbo coutar, creado a partir de couto. O couto é un nome que provén do latín CAUTU, participio de CAVERE "protexer, defender, coidar". Un couto é un territorio afectado por determinados dereitos de propiedade ou xurisdición. Neste caso, no barrio de Os Valos rexístrase o diminutivo As Coutadiñas e o terreo A Coutada do Misioneiro, onde se di que tiveron lugar unhas misións. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760 aparece o "sitio da Coutada" e tamén "sitio da Coutadiña".