O Coto do Gran



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

Coto é un substantivo de orixe prerromana (coa base *COTT) que sobreviviu en galego co significado de "parte máis alta dun monte, pico, elevación". Cos seus derivados e compostos (Cótaro, Cotro, Cotarelo, Cotarro etc.), o substantivo coto está moi presente na toponimia galega e noutras áreas xeográficas próximas (por exemplo, nos asturianos Cueto, Cuétara). O Nomenclátor de Galicia recolle máis de cen entidades de poboación chamadas Coto ou O Coto .