As Costeiras



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Casal do Monte
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O topónimo As Costeiras é dun derivado do costa, do latín COSTA "costela; flanco, costado", trátase dunha acepción figurada común a todos os romances para designar a ladeira dunha montaña. En galego, costa tamén fai referencia a un terreo en pendente. Os derivados de costa son moi abundantes na toponimia galega. O microtopónimo As Costeiras localízase no barrio de Casal do Monte. No expediente de comprobación de bens da parroquia de Saxamonde de 1760. Aparece mencionado A Costeira, en singular.