Os Cochos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Padrón
DA PARROQUIA DE
Saxamonde

O substantivo cocho xunto cos seus derivados ten moita presenza na toponimia galega suroccidental. Ademais do comunmente coñecido cocho como sinónimo de porco, tamén garda relación co verbo acochar co significado de abrigo. Agora ben, neste caso é probable que designe un anaco de terra con linde a un paso común tal e como na fala oral fan emprego do termo cocho. No dicionario da Real Academia Galega dise tamén que un cocho é un "lugar cuberto ou agochado, como un cortello, un tobo etc., onde habitan ou se refuxian certos animais". O dicionario de Eladio Rodríguez define esta acepción de cocho como "trozo pequeño de un terreno labradío que se dedica a otro cultivo". Tanto acochar como as súas variantes agochar e agachar son palabras de orixe incerta, talvez prerromana. Na parroquia de Saxamonde recóllense tres terreos chamados Os Cochos nos barrios de Souto, Padrón e Os Valos. Como parte dun nome composto rexístrase Cocho da Eira en Padrón e O Cocho da Eira en Os Valos.